Reciclaxe primaria

EXPERIMENTO DE  6º PRIMARIA
Fabricación dun pluviómetro:
Material:
1. 1 botella de plástico valeira
2. Cinta illante
3. 1 maceta un pouco más grande ca botella.
4. Unha regra
5. Un rotulador permanente
Elaboración:
* Cunha tesoira cortar a parte de arriba da botella e reservala.
* Uns tres dedos por enriba da base da botella marcar unha liña horizontal e escribir nela co rotulador permanente o número 0.
* Coa axuda da regra, a partir do 0, marcar os centímetro cara arriba.
* Colocar de forma invertida o bico da botella sobre a parte cortada e suxeitar con cinta illante para que non se mova.
* Botar auga na botella ata a marca do 0.
* Meter a botella na maceta e suxeitala para que non se mova.
* Colocar o aparato no exterior.
Uso:
Cada día, observar a marca da auga sobre a escala e anotar os datos. Unha vez feita a anotación volver a poñer a auga no nivel 0. Tras a recollida de datos durante unha semana, elaborar unha gráfica das precipitacións.


EXPERIMENTO DE  5º PRIMARIA

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria celebramos a Semana da Ciencia do 11 ao 15 de novembro.
O martes comezamos a clase de Naturais cun obradoiro de reciclaxe no que vimos un video educativo de Sogama sobre a reciclaxe e a profe explicóunos a normativa sobre a reciclaxe para reciclar ben. Desde este día temos contenedores para reciclar na nosa clase (papel, plásticos e resíduos orgánicos). O contenedor de papel o preparamos nós mesmos, quedóunos moi ben!
O mércores fixemos o noso experimento no laboratorio: construímos un invernadoiro para as nosas plantas.
Por grupos plantamos unha planta nunha botella de  plástico, a regamos e despois pechamos a botella. A partires de agora as nosas plantas vivirán dentro das nosas botellas e non teremos que regalas porque elas mesmas gracias a luz e ao ciclo da auga que se producirá no noso invernadoiro vivirán...
 O xoves tivemos unha charla sobre o importante que é reciclar. Poidemos comprobar que hay xente que en paises moi pobres vive gracias a reciclaxe e que hay persoas que son capaces de convertir todo tipo de obxectos que a nos non nos servirían para nada, en algo tan máxico como un instrumento de música.



EXPERIMENTO DE  4º PRIMARIA


Resultado de imagen de cromatografia

EXPERIMENTO DE  3º PRIMARIA




EXPERIMENTO DE  2º PRIMARIA


EXPERIMENTO DE  1º PRIMARIA
Obtención de plástico a partir da leite
Ingredientes e materiais
•   1 litro de leite
•   Vinagre
•   Dous recipientes, un deles apto para microondas
•   Un embude
•   Un forno microondas
•   Un disco de algodón  desmaquillador.
•   Un pano fino.
Proceso
1. Verter o leite no recipiente e quentar no microondas sen chegar a ferver.
2. Engadir 6 culleradas sopeiras de vinagre e remover.
3. Fabricar un filtro colocando o disco de algodón  desmaquillante no fondo do embude.  Verter a mestura no embude deixando que o líquido filtrado caia ao segundo recipiente.
4. O agregado que vai quedando no filtro traspásase ao pano seco e, cando estea todo, escórrese a pasta obtida ata eliminar a maior cantidade de líquido posible.
5. Dáse forma á pasta e déixase secar varios días.
Resultado
Unha vez realizado o proceso explicado houbo que esperar 6 días para obter a dureza desexada, teniendo en cuenta que o período foi, en xeral, chuvioso. Unha mañá expúxose ao sol e aínda que se acelerou o secado, apareceron algunhas gretas, polo que se optou por secar no interior. O produto obtido, neste caso modelado nas letras UNED/UNED, pesa 50 gramos.




Comentarios